Translations of this page:

Osmius

¿Que é a monitorización distribuida?

Có termo monitorización referímonos a facer medicións dunha determinada fonte para atopar problemas. Cando falamos de monitorización distribuida queremos dicir que as medicións fanse dende diversos puntos, xa que o resultado pode variar.

Osmius fai isto dun xeito moi sinxelo, xa que podemos configura-lo cunha arquitectura distribuida, instalando varios axentes mestres en diversas máquinas que comunícanse có servidor central de Osmius. Se ademáis os axentes mestres atópanse en máquinas con diferentes localizacións xeográficas obteremos sinxelamente unha monitorización distribuida.

Exemplo de monitorización distribuida

Imaxinemos que desexamos monitorizar unha páxina web aloxada nun servidor onde sexa. Cá monitorización distribuida controlámo-la dispoñibilidade, velocidade de descárrega ou o tempo de carga da páxina web dende os distintos puntos do planeta (no caso de téres axentes mestres de Osmius instalados en distintas máquinas que estéan en diversos puntos del planeta). Isto deixaríanos ver dende que lugares, países ou rexións hay problemas para ve-la web, e no caso de que a web sexa, por exemplo, de venda de libros dende que lugares, países ou rexións non dan mercado libros. Esta visión de negocio é moi interesante, pois tradúcese directamente en perdas de beneficios por mor de non poder accesar ó servicio.

Poderíamos por tanto monitorizar esa web dende a China, os EEUU e Europa, como se amosa no seguiente gráfico.

Monitorización distribuida con Osmius

¿Cómo fago isto con Osmius?

Con Osmius é moi sinxelo. Segue estas pegadas:

  1. Instala axentes mestres de Osmius en máquinas distribuidas xeográficamente ou en distintas seccións dunha rede. Por exemplo: nun servidor na China, noutro de EEUU e noutro de Europa.
    Capítulo de Instalación
  2. Engade unha instancia por cada Axente Mestre dende o que desexes face-la monitorización distribuida. Por exemplo WebChina (para monitoriza-la web dende China), WebEEUU (para a monitorización dende Estados Unidos), WebEuro (para a monitorización dende Europa), … deste xeito tantas como precises.
    Engadindo instancias
  3. Abastece de axentes para cada tipo de instancia cada un dises axentes mestres. Lembra que podes facelo dende a pantalla de Infraestructura - botón dereito por riba do axente mestre - Abastecer (Desplegar)
    Abastecendo novos axentes
  4. Enlaza cada instancia có seu axente mestre
    Enlazando instancias a axentes mestres
  5. Fai un servizo e engade tódalas instancias. Isto é unha boa práctica de organización e un xeito sinxelo de atopa-las causas dos problemas.
    Engadindo instancias a un servizo
  6. Para un control máis fino configura as regras de propagación de dispoñibilidade como mellor sexa para o teu caso.
  7. Non esquezas xeoposicionar as túas instancias na solapa Mapas da consola web de Osmius.
 
gl/howto/002monitorizacion_distribuida.txt · Última modificación: 2010/12/22 13:22 (edición externa)
 
Recent changes RSS feed Creative Commons License Donate Powered by PHP Valid XHTML 1.0 Valid CSS Driven by DokuWiki